Opresidente de ERC, Oriol Junqueras, proclamouse este martes candidato do seu partido ás eleccións catalás e reclamou “novos pactos, alianzas e entendementos” para reforzar o proxecto nacional de Cataluña.
Fíxoo durante unha conferencia titulada “Una nova ambició nacional” , celebrada no Auditori Nacional de Barcelona ante unhas 600 persoas, entre elas representantes de partidos políticos, sindicatos, patronal e entidades sociais.
Junqueras iniciou a súa intervención cun ton autocrítico, ao admitir que “dá un pouco de preguiza escoitar ao dirixente dun partido político dicindo que quere ser candidato a unhas eleccións”.
Con todo, defendeu a necesidade de “renovar a ambición nacional de Cataluña” e de traballar para gañar, dixo, “a batalla da esperanza contra o medo”.