Odianteiro do Celta Borja Iglesias non escondeu a “tremenda ilusión” que hai no conxunto galego polo debut europeo en Balaídos, onde este xoves reciben ao PAOK na segunda xornada da liga Europa.

“Mañá temos unha oportunidade moi bonita para demostrar que estamos preparados para isto”, indicou o atacante celeste.

Asegurou que dentro do vestiario hai “unha confianza cega” no que fan a pesar de que aínda non gañaron despois de oito partidos entre Liga e Liga Europa.

Neste sentido, Borja Iglesias dixo que o Celta debe aprender a “gozar sufrindo” cando non consegue apropiarse do balón nos partidos porque ten “unha recompensa moi grande e fortalece moito ao grupo”.

“Temos claro as virtudes do PAOK, a súa capacidade para saír xogando desde atrás, para xerar situacións aos de arriba con m

See Full Page