Xosé Miranda, autor do poemario gañador no certame de Afundación CARLOS CORTÉS

O autor lucense impúxose con «As torres abolidas» nun certame literario ao que se presentaron 44 poemarios 02 oct 2025 . Actualizado a las 21:17 h.

Xosé Miranda (Lugo, 1955) toma o relevo do asturiano Miguel Rodríguez Monteavaro como gañador do Premio de Poesía Afundación. Faino con As torres abolidas , un poemario no que o xurado reunido este xoves en Santiago destacou o tratamento que se fai da mitoloxía galega, «con lucidez e acerto» e elevándoa ao nivel das mitoloxías clásicas . Tamén fixo fincapé no uso que o autor fai das formas clasicistas, co soneto como gran referente, co que «logra a musicalidade e a altura da palabra, cun emprego habelencioso da ferramenta literaria: a nosa lingua prop

See Full Page