Oconselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou que a Xunta aprobará este luns, na súa reunión semanal, a creación do Observatorio Galego do Xogo , que estudará e avaliará as políticas públicas neste ámbito para adaptalas ás demandas das sociedade.
Así o anunciou este domingo durante a súa intervención no 25º Congreso da Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados (FEJAR). Ademais, o Observatorio promoverá campañas de sensibilización e prevención por un xogo responsable e seguro , fará investigacións e estudos e difundirá información sobre a situación xeral do sector en Galicia.
O conselleiro remarcou o "compromiso da Xunta de sumar esforzos para contribuír a que o xogo sexa unha actividade responsable e segura". Ese compromiso –engadi