Oinforme da Unidade Central Operativa da Garda Civil recolle a existencia de sobres en efectivo co logotipo do PSOE e o nome do exministro, José Luis Ábalos. Unha práctica que reabriu a polémica sobre os pagamentos en efectivo.
" Esta é unha práctica habitual de todas as empresas e mesmo deste Congreso dos Deputados", dicía onte o portavoz do PSOE, Patxi López.
Unha afirmación que desmenten desde o Congreso. O portavoz socialista apunta agora á cámara alta.
" Vaian ao Senado ver como dan os cartos aos que teñen pola súa responsabilidade algunha viaxe internacional. En sobre e con cartos en metálico".
Unha práctica que tamén normaliza o socio de Goberno. "Atrévome a dicir que no pagamento de axudas de custo dos Deputados e Senadores actúase así", apunta a Ministra de Sanidade, Mónica