Bo espectáculo o ofrecido polo Real Club Celta e a selección de xogadores da provincia de Ourense no amigable benéfico disputado en Balaídos. O resultado final foi de 5-0 para o cadro vigués pero todos saíron gañadores polo apoio á repoboación dos montes arrasados polos lumes na vaga do pasado mes de agosto. 5.600 espectadores achegáronse a Balaídos para apoiar unha boa causa. Recadación íntegra que se donará a causa solidaria, xunto os cartos recibidos mediante a fila cero, os Bizums e as vendas das camisolas do partido.

No campo, a proba foi positiva para Claudio Giráldez xa que o choque serviu para que dúas das fichaxes do verán, Ferrán Jutglá e Bryan Zaragoza, racharan coa mala sorte cara á portería contraria e anotasen os seus primeiros goles co club vigués. Na segunda metade, dous

See Full Page