O extremo David Mella, recentemente chegado de Chile, onde disputou o Mundial sub-20 coa selección española , ofreceuse ao técnico do Dépor, Antonio Hidalgo, para xogar de inicio este domingo ante o Racing no Sardinero porque fisicamente sente ao cento por cento e subliñou que “o Racing ten moi bo equipo, tanto por bloque como por xogadores".

"Pero se nós xogamos ao cento por cento, creo que imos gañar este partido”, engadiu o futbolista galego.

Tamén admitiu vivir “con moitos nervios” os partidos do seu equipo na Liga durante a súa estancia no país suramericano.

“Vivino moi nervioso porque non podía velos. Entraba ás aplicacións de fútbol todo o intre para ver como ía o Dépor”, afirmou David Mella, que se reencontrará en Santander con Peio Canles, o futbolista do Athletic que xog

See Full Page