Oministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, insistiu este venres en reclamar ao exministro de Transportes José Luis Ábalos que deixe a súa acta de deputado socialista e lembrou que o PSOE xa lle fixo este requirimento antes de que houbese unha investigación xudicial.

En declaracións aos xornalistas no Congreso dos Deputados, Bolaños respondeu así ao ser preguntado polas palabras do xuíz do caso Koldo, Leopoldo Puente, que mostrou o seu "estupor" sobre que o exministro socialista José Luis Ábalos siga sendo deputado.

"O PSOE xa lle pediu o señor Ábalos que deixase a alta de deputado, mesmo antes dunha investigación aberta", subliñou o titular de Xustiza, que reiterou esa petición ao exministro de Transportes.

En canto á colaboración entre o Congreso e o maxi

See Full Page