Queremos axuda para conducir? Dende hai un ano, todos os automóbiles novos que se vendan na Unión Europea deben contar cos chamados sistemas avanzados de axuda á condución, ADAS polas súas siglas en inglés. Son os dispositivos que permiten fixar a velocidade, alertan se detectan signos de fatiga ou avisan dun cambio de carril. Pero os informes das entidades que xestionan o tráfico din que unha gran parte da poboación non confía neles .
Segundo o último informe da Fundación para a Seguridade Viaria, o setenta por cento dos condutores non cre que os ADAS sexan suficientemente intelixentes para garantir a súa seguridade. E a metade non ten claro que actúen mellor cás persoas ante unha situación de risco. Por iso hai moitos que, aínda que os teñen no seu coche, non os utilizan.
"A verdad