O proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2026, que o luns chegará ao Parlamento para a súa tramitación, inclúe ata cinco rebaixas fiscais .
Cesión de bens a cambio de coidados
O contrato de vitalicio, unha figura do Dereito Civil galego que regula a cesión de bens a cambio de coidados para toda a vida , terá unha redución á metade do tipo impositivo (do 8 ao 4 %) en transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
No caso do imposto de doazóns, a rebaixa poderá chegar ata máis do 50 %, xa que se equipará este gravame ao establecido para doar a un parente próximo. Ademais, elimínase a tributación da garantía de reintegro, isto é, para a recuperación dos bens se o coidado non se presta nas condicións requiridas.
Iso si, os beneficiarios de todas estas redución