O Villa de Pitanxo afundiuse por sobrecarga e porque o capitán deu demasiado tarde a orde de abandonar o barco.

É a conclusión da Comisión Permanente de Investigación de Accidentes Marítimos, a CIAIM, tres anos e medio despois do naufraxio do pesqueiro galego fronte ás costas de Terra Nova.

O organismo atribúe o acontecido a unha neglixencia do capitán, Juan Padín. Súa foi a decisión de seguir pescando a pesar do mal tempo, unha decisión que se tomara outras veces, pero que esta saíu mal.

O informe di que o barco se afundiu pola inundación progresiva e incontrolada dos seus espazos interiores durante a virada do arte en pleno temporal.

Contribuíu que o barco levaba uns pesos que excedían os valores recollidos no seu libro de estabilidade. Di que as previsións meteorolóxicas eran precis

See Full Page