Rexina Vega recibe o Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego ADRIÁN BAÚLDE
«Conta momentos duros, momentos que tarde ou cedo acaban chegando a cada vida, pero teimamos por agochar», sinalou a gañadora sobre o seu artigo 23 oct 2025 . Actualizado a las 15:07 h.
Rexina Vega co seu artigo «Aínda aprendo», publicado o 1 de xaneiro de 2024 en Tempos Novos, acaba de recibir na sede de Afundación en Pontevedra o XXII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego. Acompañaron á galardonada, ademais das outras dúas finalistas, Alba Moledo Ucha e Carmen Villar Alonso, obsequiadas con dous mil euros cada unha, o director xerente de Afundación, Pedro Otero Espinar; e as persoas integrantes do xurado: Víctor Freixanes, presidente; Fina Casalderrey, vogal; Diego Ameixeiras, vogal