O Deportivo acumula cinco xornadas sen gañar logo de empatar en Riazor ante o Valladolid. Un a un foi o resultado dun partido no que cada equipo dominou unha parte. Na primeira, os pucelanos foron moi superiores e acumularon varias oportunidades, con xogadores como Marcos André ou Latasa, que probaron en varias accións a Germán Parreño. O xusto premio para os visitantes chegou logo dun penalti cometido por Dani Barcia a Marcos André. Latasa transformou a pena máxima no minuto 34.

Pero a historia cambiou por completo no segundo. O Deportivo volveu dos vestíarios decidido a revertir a situación, e máis aínda a partir do minuto 50, coa expulsión de Marcos André por dobre cartón amarelo. Desde ese intre, e coa entrada de futbolistas como Luismi Cruz ou Zakaria, os de Antonio Hidalgo buscaron

See Full Page