A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) presentou unha denuncia ante a Comisión Europea pola taxa de lixo que aplican distintos concellos de España, ao considerar que pode incumprir a directiva europea en materia de residuos.

A entidade lembra que a Directiva (UE) 2018/851 establece o principio de “quen contamina paga” para fomentar unha xestión responsable dos residuos.

En España, este principio obriga os municipios de máis de 5.000 habitantes a establecer unha taxa que reflicta o custo real do servizo.

Tarifas fixas en lugar de taxas vinculadas á xeración de residuos

Segundo a OCU, a aplicación desta norma “non se fixo de forma correcta” en concellos como Lugo, Ourense, Pontevedra, Badaxoz, Cidade Real, Guadalaxara, Huelva, Huesca, Las Palmas de Gran Canaria, Murcia, Oviedo,

See Full Page