Claudio Giráldez, adestrador do Celta, está pendente da evolución do porteiro Ionut Radu, quen se someterá a probas de imaxe para coñecer o alcance da lesión sufrida na man durante o partido de onte contra o Levante. O internacional romanés tivo que ser atendido sobre o céspede t ras unha gran parada ao remate de chilena do dianteiro Etta Eyong.
Tras ser explorado polo xefe dos servizos médicos do club celeste, Juan José García Cota, Radu puido completar o encontro do Ciutat de Valencia. O Celta xoga o xoves en Zagreb partido de Liga Europa
Ata a data, o substituto de Vicente Guaita na portería celeste foi titular nos 11 partidos de Liga e nos tres da liga Europa.

G24

The List
Bozeman Daily Chronicle Sports