O xurado do Premio de Literatura en Lingua Castelá Miguel de Cervantes, correspondente a 2025, elixiu o autor mexicano Gonzalo Celorio como gañador da edición deste ano. O premio está dotado con 125.000 euros e constitúe o máis prestixioso galardón das letras en español.

O ministro de Cultura anunciou a decisión do xurado de premiar o escritor mexicano nacido no DF en 1948. pola súa "excepcional obra" na que o xurado apreciou "unha voz literaria de notable elegancia e fondura reflexiva" consolidada ao longo de cinco décadas .

Ernest Urtasun subliñou que Celorio contribuíu ademais "de maneira profunda e sostida" ao enriquecemento do idioma español. Segundo Urtasun, o premiado conxuga na súa obra "a lucidez crítica cunha sensibilidade narrativa que explora os matices da identidade, a

See Full Page