Claudio Giráldez, adestrador do Celta, non poderá contar con Radu para o partido de Liga Europa ante o Dínamo de Zagreb. O romanés ten ten uha escordadura no polgar mano dereita. Sbre esta ausencia falou Pablo Durán.

"É unha baixa moi importante. Temos plena confianza no que teña que xogar. Baixa complicada"

O internacional romanés tivo que ser atendido sobre o céspede t ras unha gran parada ao remate de chilena do dianteiro Etta Eyong.

Tras ser explorado polo xefe dos servizos médicos do club celeste, Juan José García Cota, Radu puido completar o encontro do Ciutat de Valencia.

Ata a data, o substituto de Vicente Guaita na portería celeste foi titular nos 11 partidos de Liga e nos tres da liga Europa.

See Full Page