Yeremay falou de cousas que non se adoitan escoitar no mundo do fútbol como a presión, a ansiedade ou sobreexposición mediática.

"Esíxome moito e pásame factura. Hai que ter a cabeza moi tranquila".

Conversou o rapaz de 22 anos sobre ese lado escuro e silencioso do deportista uns minutos despois de marabillar cunha gran xogada e pase de gol co calcaño.

"É complicado, teño 22 anos. Agora teño a cabeza máis limpa".

É o xogador máis diferencial do Deportivo. Quince goles a tempada pasada e vai por catro nesta. O futbolista e a persoa coas súas grandezas e os seus medos.

See Full Page