O PSOE presentou no Congreso unha proposición de lei orgánica de reforma do Código penal para que os xuíces e maxistrados poidan ser apartados en caso de posicionarse politicamente en contra das institucións públicas e os seus representantes.

Na súa reforma, recollida por Europa Press, os socialistas inclúen unha nova causa de abstención e recusación para dar cabida a actuacións que leven a cabo xuíces e maxistrados na súa calidade de representantes dun poder do Estado "que poden afectar á súa aparencia de imparcialidade".

En concreto, as causas para apartar a xuíces e maxistrados virían dadas cando "realicen manifestacións públicas, invocando a súa condición ou servíndose da mesma, contra actuacións desenvolvidas por autoridades ou funcionarios públicos, sindicatos, asociacións ou outra

See Full Page