Con máis de vinte anos de carreira e catro discos editados, o grupo coruñés Tiruleque quería facer algo especial para o seu quinto traballo e, aínda que ten no título unha homenaxe directa ao local A Repichoca , que foi casa e torreiro de moitos artistas, o músico e cantante Serxo Núñez defende que hai moitas máis lecturas neste último disco da banda que se presentará en director este domingo no teatro Colón, a partir das 20.30 horas .

«Fala da xeración de músicos e de como rexurdiron as foliadas como un tipo de divertimento libre, iso ten moito que ver con locais e con xeracións coma a nosa, que está entre a aldea e a cidade», explica Núñez porque, como xa fixeran os seus antepasados e os que viñeron despois, «utilizaban a música para pasalo ben» e, á vez, facer arte.

«O fío c

See Full Page