O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) ordenou o confinamento en todas as explotacións de aves de curral que se crían ao aire libre para a prevención e control do contaxio por gripe aviaria.
Nunha orde publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) que entrou en vigor este xoves, o Goberno estableceu o c onfinamento das granxas avícolas ao aire libre en calquera dos métodos existentes de cría , incluídas as explotacións ecolóxicas e as de autoconsumo ou as que produzan ovos ou carne para a súa venda directa ao consumidor final.
Desta forma, prohíbese a cría e o mantemento ao aire libre de aves de curral e outras aves en catividade. Cando non sexa posible, as autoridades poderán autorizar o mantemento das aves de curral ao aire libre baixo unha serie de condicións.

G24

Diario Noticias Salamanca
El Mundo España
Diario de Castilla y León
The List
OK Magazine
Associated Press US News
The Texas Tribune Crime
Raw Story