A Garda Civil detivo este xoves a Laura García de Viedma, a exabadesa do convento de Belorado, en Burgos, despois dun rexistro efectuado por orde do Xulgado que investiga a súa implicación na venda de obras de arte do mosteiro.

O rexistro produciuse a primeiras horas da mañá e finalizou pola tarde coa detención da exabadesa dentro dunha investigación por delitos de apropiación indebida e receptación de pezas de carácter histórico do convento e a súa posterior venda.

O Xulgado de Briviesca mantén abertas unhas dilixencias previas a raíz dunha denuncia pola venda de obras de arte presentada por unha persoa allea ás causas abertas arredor do mosteiro de Belorado e a excomuñón das dez monxas cismáticas.

See Full Page