Unha persoa faleceu este mércores ao lle saír o vehículo da vía na estrada OU-1205 de Porqueirós , dentro do municipio galego de Muíños (Ourense), segundo informou 112 Galicia.
O suceso tivo lugar durante a noite de hoxe, cando o 112 recibiu a alerta do accidente de tráfico. O vehículo no que viaxaba a vítima saíu da citada vía , e a persoa que viaxaba de acompañante foi quen avisou o 112. Tal e como trasladou 112 Galicia, foi necesaria a extracción. Interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muíños e a Garda Civil de Tráfico.
Quen alertou ao 112 Galicia foi o acompañante da vítima. A súa chamada atendeuse na central minutos despois das dez desta noite. Explicou que o vehículo no que viaxaban saírase da vía na OU-1205, en Porqueirós

G24

Ultima Hora
Noticias de España
ElDiario.es Politica
ElDiario.es
El Confidencial
America News
NBC News