Rubén López foi unha das apostas de Antonio Hidalgo na cobertura, nesta ocasión como lateral esquerdo, como improvisado recambio de Quagliata. A pesar de ter sido desprazado do seu hábitat natural, el respostou redobrando esforzos en defensa e cun gol. «Estou moi contento, o ano anterior xa o tiña pasado moi ben en Barcelona. Síntome recompensado polo traballo que teño feito, nunca baixei os brazos», recoñece un futbolista que, na xogada do seu tanto, chegou coa reserva ao remate: « A partir do minuto 70 fallábanme as pernas, pero hoxe (por onte) tiña a oportunidade e non podía tirala, había que correr todo o partido . Cando vin a pelota, pensei en meterlle a punta (da bota)», apunta, mentres quería darlle «as grazas ao míster pola confianza»: «Non me toca xogar moito e estou para sumar

See Full Page