Mellorar e traballar a favor do benestar psicolóxico do alumnado é o principal obxectivo da Unidade de Atención Psicolóxica da USC , creada no mes de maio de 2021, nun contexto marcado pola situación de fatiga pandémica. A Unidade, ubicada no Pavillón Estudantil, na rúa de Lope Gómez de Marzoa do Campus Sur, atendeu ata o pasado mes de novembro a un total de 520 estudantes nun total de 3.823 sesións. A maiores, recibiron asesoramento 291 estudantes. As peticións de intervención sitúanse nas 1.480.

«Naceu como un proxecto piloto pero ao longo deste tempo conseguimos poñer as bases para crear un servizo referente sobre o que na actualidade nos preguntan dende outras universidades», comenta en conversa con EL CORREO GALLEGO Ana López Durán, coordinadora da Unidade, que está acompañada de d

See Full Page