Opresidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou que "hai xuíces facendo política e políticos que tratan de facer xustiza", en referencia aos supostos casos de corrupción polos que son investigados familiares directos seus como a súa esposa ou o seu irmán.
Nunha entrevista con TVE, Sánchez lamentou que aínda que a "inmensa maioría" dos xuíces e fiscais "cumpren coa lei" hai "casos manifestos" en que isto non sucede e que están a facer un "dano terrible" á xustiza, obrigando a pagar a chamada "pena do telexornal" por instrucións xudiciais a dúas persoas concretas polo mero feito de ser os seus familiares.
Tras defender a honestidade e a inocencia da súa esposa Begoña Gómez e do seu irmán David, de quen asegurou que coñece como viven e "que fixeron", confiou en que a xustiza actúe e sin