España deu un golpe enriba da mesa no grupo de clasificación para o Mundial vindeiro. A selección de Luis de la Fuente pasou por riba de Turquía, a súa rival máis forte sobre o papel, para poñer rumbo ao primeiro posto que garante o pase á cita mundialista do ano que vén.
Sen embargo, o primeiro aviso deuno Turquía, cun remate lonxano que detivo con seguridade Unai Simón. Pero axiña se fixo España co control do partido. Nico Williams probaba por primeira vez a Cakir, que botaba o balón a córner, e á saída do mesmo Pedri volvía obrigar a intervir ao porteiro. Un minuto despois, Cakir xa non podía facer máis. O lanzamento de Pedri desde lonxe acababa pegado ao pau e subía ao marcador. 0-1.
Entrou o partido nunha fase de ocasións alternas, sendo a mellor de España para Lamine, que erraba na