Carlos Alcaraz gañou a final do Aberto dos Estados Unidos. Derrotou ao seu gran rival, Jannik Sinner, no que é xa o gran clásico do tenis actual, e que se repetiu nas últimas tres finais dos Gran Slam. A de Roland Garros e a dos Estados Unidos gañounas Alcaraz. A de Wimbledon foi para o italiano, que tamén se impuxo en Australia. Sen ebmbargo, co triunfo en Nova York, Alcaraz toma vantaxe con 6 grandes por 4 do seu rival, e quítalle o número un do mundo.

O primeiro set da final comezouno mellor o murciano. Fíxose cos dous primeiros xogos e, a partir de aí, mantivo esa vantaxe dun break para rematar pechando a manga con outra rotura no sétimo e 6-2 servendo.

Pero, como non podía ser doutro xeito, Jannik Sinner reaccionou na segunda manga, e de que xeito. Abriu oco axiña, cun 4-1 que lle s

See Full Page