A fragata F-111 Bonifaz, primeira unidade da serie F-110, preséntase como a máis moderna da Armada española e marca o inicio dun programa construtivo clave para a Defensa.
O buque, construído no estaleiro público de Ferrol, mide 145 metros de eslora, 18,6 de manga e despraza máis de seis mil toneladas, cunha dotación inicial de 130 persoas.
Concebida para operacións de defensa antiaérea, antisubmarina e tamén de superficie, integra o sistema español Scomba co Aegis estadounidense.
Entre as súas innovacións destaca o chamado gran mastro, que concentra radares, equipos de guerra electrónica e sistemas de detección infravermella.
O radar, desenvolvido por Indra e Lockheed Martin, permitirá localizar mísiles balísticos e outras grandes ameazas aéreas.
Innovación tecnolóxica con xemelgo di