Oactor, guionista e director Daniel Guzmán recibirá a Calpurnia de Honra da 30ª edición do Ourense Film Festival (OUFF).
Así o anunciou o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, durante a presentación oficial do festival no Balneario de Laias, nun encontro que reuniu a destacadas autoridades autonómicas e provinciais.
Guzmán, a quen Menor destacou como "referente do cinema social en España", conta cunha ampla traxectoria en cinema e televisión e é gañador de dous premios Goya.
Esta é unha edición "especialmente simbólica", que celebra tres décadas de compromiso co cinema e coa promoción cultural da provincia.
Presentouse o libro conmemorativo da 30ª edición, unha obra da xornalista Sonia Torre Delgado que recolle, cunha mirada panorámica e emotiva, algúns dos momentos máis sig