A choiva desluciu e condicionou unha Diada do 11 de setembro con menor afluencia de manifestantes independentistas que en anos anteriores e con momentos puntuais de tensión pola presenza de seguidores de Aliança Catalá nas convocatorias unitarias.
Para esta Diada, a ANC e outras entidades convocantes deseñaron unha mobilización descentralizada, con tres manifestacións simultáneas: en Barcelona, Xirona e Tortosa.
A choiva que caeu en Barcelona obrigou a cancelar diversos actos, sumada á progresiva desmobilización no independentismo, propiciou que as rúas da capital catalá rexistraran a cifra máis baixa de manifestantes desde o inicio do 'procés', fóra dos tempos da pandemia de covid.
Segundo a Garda Urbana, foron unhas 28.000 as persoas que participaron na manifestación independent