Oprimeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galegas da USC, Ricardo Carvalho Calero.

A memoria do novelista, dramaturgo, poeta e investigador Carvalho Calero renace cuns premios no seu Ferrol natal 12 sep 2025 . Actualizado a las 16:17 h.

Pola odisea do desterro tivo que pasar o gran profesor Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 - Santiago de Compostela, 1990). Ata tal punto que non podía asinar as notas dos seus alumnos cando era director (de forma extraoficial) nun colexio privado en Fingoi (Lugo). Alí permaneceu quince anos, entre 1950 e 1965, castigado polo franquismo que xa o condenara a prisión e o inhabilitara por ser voluntario no exército da República. Pero a pesar de toda a censura e da represión, dun silencio sobre a súa obra que mesmo chegou ata a democracia, a súa p

See Full Page