Este desfile na máis prestixiosa pasarela de moda, a Mercedes-Benz Fashion Week, resume o traballo de todo un ano polo que, con gusto, os alumnos da UDIT quedaron sen vacacións de verán. Entre as propostas dos 39 estudantes no Museo de América encóntrase as dunha galega.
"Ao final todo o traballo dun ano, dun verán enteiro cosendo, patronando, velo real aquí coa modelo e ensinárllelo á familia, aos amigos... a verdade é que é unha fachenda", apunta Victoria Otero, estudante de 4º de Deseño de Moda.
A inspiración eran os ritmos, o que provocou unha explosión creativa. O proxecto implica materias do derradeiro curso do grao en Deseño de Moda, desde a idea ata a materialización das pezas.
"Moita xente inspirouse en algo de música, outros no ritmo da vida. Cada un pon todo o seu empeño, o