Chegar a poñer a placa na casa natal do músico e compositor Adolfo Anta Seoane , na rúa Alameda foi, segundo explica a presidenta de Cántigas da Terra , Laura Veleiro, «un camiño moi longo» que iniciaron varios membros da Real Academia de Belas Artes investigando se o edificio seguía aínda en pé. «Todo o mundo estaba sorprendido de que un persoeiro como Adolfo Anta Seoane non tivese un recoñecemento pola súa traxectoria. Este ano cúmprense 125 anos do seu nacemento e queriamos poñerlle unha placa o día do seu aniversario. Todo foron atrancos e problemas pero fomos todos remando na mesma dirección ata que, finalmente, conseguimos poñela», comenta Laura Veleiro, en nome de Cántigas, de Aturuxo e da Academia de Belas Artes, que son as entidades que promoveron esta iniciativa.

A ins

See Full Page