A economía española creceu un 0,8% no segundo trimestre do ano, dúas décimas máis que no trimestre anterior e unha décima máis que o dato avanzado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) a finais de xullo.
O crecemento interanual do PIB situouse no segundo trimestre no 3,1%, unha décima menos que no trimestre anterior pero tres décimas máis que o dato avanzado o pasado xullo , segundo os datos de Contabilidade Nacional publicados este venres por Estatística.
A demanda nacional contribuíu con 0,8 puntos ao crecemento intertrimestral do PIB entre abril e xuño, mentres que a demanda externa tivo unha achega practicamente nula.
"A demanda nacional mantén a tendencia á alza, apoiada principalmente no consumo das familias , cun ritmo do 0,8% no segundo trimestre fronte ao primeiro