Oxogador Goran Huskic sufriu unha lesión articular no xeonllo esquerdo durante o partido correspondente á primeira xornada da Primeira FEB fronte a Hestia Menorca.
As probas médicas confirmaron a rotura do ligamento cruzado anterior, así como unha lesión no menisco medial, o que requerirá intervención cirúrxica.
Nos próximos días ofrecerase información detallada sobre o proceso de recuperación que seguirá o xogador, informa o club nun comunicado.