A presidenta do Celta, Marian Mouriño, asegurou este martes que non hai ningunha dúbida sobre a continuidade de Claudio Giráldez no banco de Balaídos, a pesar de que o equipo celeste aínda non gañou despois de oito partidos, sete de Liga e un da liga Europa.

“Creo que Claudio é un adestrador moi sensato, moi sincero, que non se auto-engana, que analiza moi ben as situacións. Aquí estamos todos para arroupalo, para unirnos e para, entre todos, saír adiante canto antes”, manifestou.

Tras asistir a un xantar coa Asociación de Xornalistas de Galicia, celebrado no Hotel OCA Porta do Camiño de Santiago de Compostela, a dirixente celeste ratificou ao técnico galego no seu cargo.

“Por suposto que a nosa confianza nel é total. Non hai ningún indicio de dúbida”, indicou a filla de Carlos Mouri

See Full Page