Opresidente dos Estados Unidos, Donald Trump , advertiulle este sábado a Hamás que "non tolerará demoras" que poidan poñer en perigo o acordo de paz en Gaza impulsado pola Casa Branca.
Do mesmo xeito, agradeceulle a Israel o cesamento temporal dos ataques aéreos sobre a Franxa.
"Agradezo que Israel detivera temporalmente os bombardeos para dar a oportunidade de concretar a liberación de reféns e o acordo de paz. Hamás debe actuar con rapidez; pola contra, todo se perderá. Non tolerarei demoras, como moitos cren que ocorrerán", escribiu Trump na súa rede Truth Social.
O mandatario insistiu en que non aceptará "ningún resultado no que Gaza volva representar unha ameaza" para a paz rexional.
"Fagamos isto, RÁPIDO! Todos recibirán un trato xusto!", prometeu.
Trump celebrou este ven