As dúas activistas do movemento de desobediencia civil non violenta Futuro Vexetal que lanzaron pintura vermella biodegradable sobre un cadro no Museo Naval de Madrid, nun acto de protesta pola celebración da Festa Nacional e para denunciar o actual neocolonialismo extractivista que explota os seus recursos naturais, foron detidas pola Policía Nacional.
A pintura danou a metade esquerda do cadro Primeira homenaxe a Cristovo Colón, de José Garnelo, que se atopa á entrada do Museo Naval. As dúas activistas foron "retidas por un funcionario" do museo ata a chegada, poucos minutos despois, de varios axentes da Policía Nacional.
Fontes policiais informaron de que foron detidas acusadas dun delito contra o Patrimonio e foron trasladadas a dependencias policiais para tomarlles declaració