Osecretario xeral da OTAN destacou este mércores que no cumio da Haia do pasado xuño, na que os aliados acordaron elevar o gasto en defensa ao 5 % do PIB en dez anos, houbo "unanimidade total" e dixo que España estivo "totalmente de acordo" cos obxectivos de capacidades asignados.
“O bo é que na Haia houbo unanimidade, os 32 (aliados), unanimidade total. España estivo totalmente dacordo con os obxectivos de capacidades. Así que creo que é importante sabelo”, indicou Rutte nunha conferencia de prensa, ao remate dunha reunión dos ministros de Defensa da Alianza Atlántica.
Nesta ministerial, os aliados acordaron seguir reforzando a súa capacidade para cumprir os compromisos adquiridos na Haia de investir máis en defensa, dixo Rutte.
En concreto, afirmou que os ministros de Defensa deba