Miguel Loureiro, defensa do Deportivo da Coruña, pediu este xoves pasar páxina tras a dura derrota ante o Málaga (3-0) porque o vindeiro domingo teñen outro partido moi importante ante o Racing de Santander, un rival “moi perigoso, con futbolistas dos máis determinantes da categoría”.

“Será moi importante ir aos detalles dos que sempre fala o míster. Eles son capaces de ocupar posicións, de quedar descolgados, detectan moi ben as debilidades do rival, por iso será un partido de estar moi concentrados”, avisou nunha conferecia de prensa.

Neste sentido, sinalou que unha das claves para reencontrarse co triunfo no Sardinero pasará por “estar moi encima” dos futbolistas do Racing para que “non teñan tempo para pensar” porque, ao seu xuízo, cando o teñen “son capaces de atacar as costas d

See Full Page