O BBVA fracasou na súa opa ao Banco Sabadell e non obtivo nin o 26 % do capital da entidade, segundo informaron a EFE fontes próximas ao proceso, co que o grupo bancario vasco pon punto e final no seu intento de facerse co control da entidade catalá.
En total, foi aceptada por 1,27 millóns de accións.
Necesitaba alcanzar o 50% do capital social para ter éxito , informou a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) nun comunicado este xoves.
Deste xeito, a oferta do BBVA, que pasaba por entregar unha acción nova do banco por 4,8376 accións do Sabadell , queda sen efecto.
Un día antes do previsto
O misterio da opa do BBVA ao Banco Sabadell resólvese un día antes do previsto, xa que a CNMV dixera que anunciaría o resultado este venres, e da maneira máis inesperada, co fracaso d