Opresidente de Estados Unidos, Donald Trump , dixo este venres ao iniciar un encontro co seu homólogo ucraíno, Volodímir Zelenski , que ambos discutirán sobre a posibilidade de que Washington autorice a Ucraína ataques dentro de territorio ruso.
Engadiu que espera que a guerra con Rusia poida terminar sen ter que enviar a Kiev os mísiles Tomahawks que os ucraínos piden.
Trump , recibiu este venres ao seu homólogo ucraíno, Volodímir Zelenski , un día despois de manter unha conversación telefónica co seu homólogo ruso, Vladímir Putin , con quen acordou unha próxima reunión en Budapest para negociar o fin da guerra.
No inicio do encontro, Zelenski felicitou a Trump polo plan para o cesamento do fogo en Gaza.
O líder ucraíno pretende pedir a Trump a transferencia de novos sistemas