O Deportivo afronta outra saída complicada. O Sardinero medirá as prestacións do equipo coruñés, que sumou só dous puntos dos últimos nove e que ven de sufrir unha dura derrota en Málaga. Malia todo, non hai inquedanza. O adestrador brancoazul, Antonio Hidalgo, dí que hai tranquilidade absoluta no equipo e que están preparados para mellorar

A volta de David Mella é todo un alivio. E está en perfectas condicións para afrontar o choque ante o Rácing de Santander. Así o anuncia o técnico deportivista.

Enfróntanse dous dos mellores equipos da categoría. Os dous, con dezaseis puntos no peto e con moitas virtudes. Así o considera o adestrador do rácing, José alberto López, quen agarda un partidazo

Veremos quen sae reforzado dun dos grandes partidos desta xornada.

See Full Page