Segunda derrota consecutiva do Deportivo lonxe de Riazor. Contra un rival directo polas posicións de ascenso, o Rácing de Santander, non soubo aguantar a vantaxe que conseguiu aos doce minutos cun autogol de Mantilla.

Non houbo moitas ocasións no primeiro tempo. Antes do gol Parreño salvou un remate de Canales e xusto despois avisou Andrés Martín para o Rácing. No Deportivo, unha contra de Zakaria púxolle o medo no corpo ao público local. Camiñaba o partido para o descanso coa mínima vantaxe deportivista pero no cuarto minuto do engadido empatou Facu para os locais e cambiou o destino do encontro.

Fortísimo o inicio do Rácing no segundo tempo que lle permitiu coller vantaxe aos quince minutos cun tanto de Jeremy Arévalo no seu sexto gol da temporada. Jeremy avisara minutos antes cun rema

See Full Page