Opresidente do Goberno, Pedro Sánchez , vai propoñer aos líderes da Unión Europea a creación dun fondo específico para a construción de vivenda protexida e outras medidas para controlar os prezos en zonas tensionadas e as vivendas turísticas.

O cume do Consello Europeo que comezou este xoves en Bruxelas é a primeira na que se vai debater sobre a crise da vivenda no continente e España poñerá sobre a mesa varias iniciativas, segundo confirmou Sánchez en declaracións aos medios á súa chegada.

España propoñerá a habilitación dun "fondo específico" para construír vivenda protexida a nivel europeo e tamén medidas legais "desde Europa" para frear "a especulación de vivenda para uso non residencial", segundo precisan fontes gobernamentais.

Ademais, Sánchez vai propoñer "pancas a nivel europe

See Full Page