Un home, maior de idade, permanece detido na comisaría da Policía Nacional de Ribeira acusado de acoitelar seu pai varias veces e deixalo ferido de gravidade.

Ocorreu pasadas as 14:30 horas no domicilio familiar e no operativo participaron tamén axentes da Policía local.

A vítima, que perdeu moito sangue, foi trasladada ao hospital comarcal do Barbanza. Polo momento, non transcenderon máis detalles do suceso.

See Full Page