A Asociación de Futbolistas Españoles (AFE) acaba de nomear como mellor xogador da pasada temporada na Segunda División a Yeremay, o dianteiro canario do Deportivo. O xogador foi premiado logo dunha moi boa temporada na que disputou 39 partidos, anotou 15 goles e deu 5 asistencias.
Esta temporada tamén está sendo un xogador destacado e importante para o Deportivo, con catro goles e dúas asistencias en doce partidos. No pasado encontro ante o Zaragoza, a súa asistencia no gol de Mella foi unha das mellores xogadas no que vai de temporada.

G24

AlterNet