A Fiscalía conseguiu pechar en España, "por primeira vez", páxinas webs que publicitaban a xestación subrogada, unha práctica prohibida neste país , segundo explicou a fiscalade consumo da Fiscalía Provincial de Barcelona, Paloma Pelegrín, nunha atención a medios este xoves.

A fiscal explicou que en 2024 unha asociación feminista de Vigo presentou en Galicia unha denuncia penal que foi remitida á Fiscalía de Barcelona e á de Madrid porque nela figuraba unha listaxe de empresas, institucións e avogados que, presuntamente, se dedicaban ao asesoramento, intermediación e publicidade da xestación subrogada.

Aínda que nun primeiro momento se considerou que non era unha cuestión penal, pois non constaba que se levou a cabo ningunha xestación, si que podería tratarse de publicidade ilegal

See Full Page