Navantia confirmou este mércores que executará nos seus estaleiros da ría de Ferrol o programa de modernización das fragatas F-100 da Armada española, co obxectivo de que as unidades poidan prolongar a súa vida útil ata o horizonte do ano 2045.

Nun comunicado, o grupo naval público valorou que este plan terá un "impacto medio anual de 215 millóns de euros no PIB", para xerar uns 3.500 postos de traballo entre empregos directos, indirectos e inducidos.

A iniciativa, enmarcada no Plan Industrial e Tecnolóxico para a Seguridade e a Defensa, foi referendada polo Goberno, que, no Consello de Ministros, deu "luz verde á firma da orde de execución" para actualizar os buques da clase bautizada como Álvaro de Bazán.

As tarefas, segundo Navantia, prolongaranse durante 120 meses , a conta

See Full Page